ARROLOS DE LEITE

Hace algún tiempo escribí un relato para un proyecto – concurso sobre Relatos de Lactancia organizado por “Alma” Apoio a Lactación Materna y quería compartir con vosotros algo que me hizo mucha ilusión recibir y fue un libro con todos los relatos del concurso editados.

 

Como las fotos son con el teléfono y la calidad del texto es pésima os pongo a continuación mi relato (esta escrito en gallego por que sino recuerdo mal se pedia en las bases).

ARROLOS DE LEITE

Hoúboche una vez un cativo cativiño, pequeno moi pequeniño que saíu do meu ventre cos olliños moi abertos, fitábame moi desperto e escoitaba os seus primeiros cantos de berce, sentía as súas primeiras caricias, os seus primeiros olores e o calorciño da súa nai.

Aínda que estaba deitada sobre unha fría cama de hospital, era a muller mais afortunada do mundo pois tiña a felicidade nos meus brazos, un cativo cativiño que pouco a pouco descubría o corpo da súa nai na procura do seu peito.

Pasaron minutos, quizáis para él un tempo moi longo ata que alcanzou a fonte do seu crecemento, da súa tranquilidade, do seu consolo, do seu alimento.

O principio custoulle mamar, pasábamos horas e horas na procura dunha boa posición para un bo comezo da lactancia, pero ao meu neniño custáballe traballo, por ese motivo, no hospital decidiron darlle un suplemento, ainda que realmente todo o que él precisaba era a súa nai.

Despois de moitos intentos fallidos, ofrecéronme deixar a lactancia materna e optar por unha alimentación complementaria, pero o meu pequeno cos seus olliños dicíame que
non desistira, que xuntos  podiamos conseguilo.

Xa no calor do fogar a soas, o meu neno e mais eu compartimos moitas horas de contacto, de mimos e de calor xunto ca nosa teta, e así establecimos un vínculo moi forte entre os dous.

A lactancia consolidouse, o meu cativiño pedía teta sempre que o necesitaba, unha
alimentación á demanda era o mellor para o seu crecemento.

O meu pequerrecho tamén sabía que a teta da súa nai tiña millóns de funcións ¡¡

Dáballe alimento cando o demandaba.

Dáballe consolo cando o precisaba.

Dáballe sosegó cando saloucaba

Dáballe seguridade cando se inquietaba

Dáballe amor……….

Pasaron os meses e o meu neniño aprendeu que non había alimento mellor que a teta da
súa nai, non existía nada que a poidese igualar, aportáballe tanto ó seu pequeño universo que non precisaba de nada mais.

Mamá tamén aprendeu moitas cousas. Aprendeu que dende o intre en que o meu cativo veu ó mundo, podía levalo moi preto de min, cerca do meu corazón utilizando o porteo como base importante do pel con pel e aprobeitando este ancestral medio de transporte
para que non lle faltase o calor da sua nai nin o consolo da sua teta.

Os anos pasan e o meu pequeno sigue a tomar teta, un pouquiño antes de durmir, un pouquiño despois das súas comidas, un pouquiño cando ten gana de mimiños, un pouquiño cando precisa de min….

Aínda que xa sabe dicir teta él chámalle “nena” como apodo cariñoso, dálle biquiños de vez en cando e moitas caricias, sorrí cada vez que a ve e mesmo en ocasións aplaude de felicidade ó contacto ca súa tetiña.

Xa levamos 32 meses de lactancia e o meu cativo cativiño sigue pedindo Arrolos de Leite……..

A %d blogueros les gusta esto: